Paquete Matlab de cálculo simbólico e análise de datos científicos, con múltiples aplicacións en control de procesos, resolución de ecuacións, simulación dinámica, análise de sinal, comunicacións, etc.
MATLAB é un contorno de computación e desenvolvemento de aplicacións totalmente integrado, orientado para levar a cabo proxectos nos que se atopen implicados elevados cálculos matemáticos e a visualización gráfica dos mesmos. MATLAB integra análise numérica, cálculo matricial, proceso de sinal e visualización gráfica nun contorno completo onde os problemas e as súas solucións son expresadas do mesmo xeito no que se escribirían tradicionalmente, sen necesidade de facer uso da programación tradicional.
MATLAB dispón tamén na actualidade dun amplo abano de programas de apoio especializados, denominados Toolboxes, que extenden significativamente o número de funcións incorporadas no programa principal. Estes Toolboxes cobren na actualidade practicamente case tódalas áreas principais no mundo da enxeñería e a simulación, destacando entre eles o ‘toolbox’ de proceso de imaxes, sinal, control robusto, estatística, análise financeira, matemáticas simbólicas, redes neuronais, lóxica difusa, identificación de sistemas, simulación de sistemas dinámicos, etc.
Ademais, como paquete opcional para o usuario final, pódese utilizar o programa Simulink, que é un contorno gráfico interactivo que permite analizar, modelizar e simular a dinámica de sistemas non lineais.
Contidos:
1. O paquete MATLAB:
1.1. Introducción.
1.2. Funcións matemáticas:
- Cálculo matricial.
- Interpolación, estatística.
1.3. Programación.
1.4. Métodos numéricos:
- Optimización.
- Ecuacións diferenciais.
- Matrices dispersas.
1.5. Estructuras de datos.
1.6. Gráficos.
1.7. Compilador C de MATLAB.
1.8. Programación:
- Arquivos .M.
- Interfaces gráficos.
- Clases e obxectos.
- I/O.
- APIs.
2. Communications Toolbox.
2.1 Xeradores de sinal e visualizadores.
2.2 Codificación da fonte.
2.3 Control de erros.
2.4 Acceso múltiple.
2.5 Filtros de transmisión/recepción.
2.6 Canles.
3. Control System Toolbox.
3.1 Modelización de Sistemas.
3.2 Análise de sistemas de control.
3.3 Propiedades dos sistemas.
3.4 Realización dun sistema.
3.5 Estudio da estabilidade.
3.6 Deseño de sistemas de control.
Poderán acceder ós cursos tódolos usuarios rexistrados do CESGA, así como aqueles que sen o ter solicitado teñan dereito a acceder ós seus servicios de cálculo.
O prazo de inscrición remata o 14 de abril de 1999.
Para inscribirse nos cursos, deben remitir un e-mail a cursos@cesga.es, indicando:
Nome,
Número de DNI
Login de usuario do CESGA (se o tiveran)
Centro de Investigación
Dirección
Teléfono
Fax
e-mail
Nome do curso
Dado que o número de prazas dispoñibles é limitado, a asignación realizárase por rigurosa orde de inscrición, constituíndose unha lista de reserva para o caso de que existan máis inscricións que prazas. No caso de que un usuario inscrito non asista á primeira sesión do Curso, a súa praza será asignada automaticamente ós usuarios en reserva. |