|
"High Performance Computing and Networking" No Simposium trataránse temas como (1) A Evolución de Solucións de Cálculo Intensivo, (2) As Tendencias e Evolución dos Sistemas de Almaceamento en Contornos HPCN, (3) Selección de Métodos de Cálculo: Escalar, escalar-paralelo, vectorial e vectorial-paralelo, (4) O Presente e o Futuro das Comunicacións en HPCN, (5) Os Servicios dispoñibles ós usuarios doutros centros. Presentarán os seus traballos fabricantes de tecnoloxías HPCN, responsables e usuarios doutros Centros de Supercomputación como o CICA en Andalucia, o CESCA en Cataluña e o Imperial College en Gran Bretaña.
Dada a complexidade e volume dos datos manexados no desenvolvemento das tarefas de investigación dependemos cada día máis das tecnoloxías de computación e comunicacións de altas prestacións (HPCN) para executa-los nosos cálculos. A aceleración dos cambios nestas tecnoloxías obríganos a seguir de cerca a súa evolución. O CESGA invita ós membros da comunidade científica de Galicia e do C.S.I.C a compartir unha xornada con profesionais que actúan como motores destes cambios. Esta xornada promete ser de gran utilidade para todos aqueles investigadores que sintan a necesidade de usar ferramentas de cálculo intensivo.
Programa
| 10:15 Apertura Workshop |
Miguel Angel Ríos. Secretario Xeral Investigación e Desenvolvemento. Xunta de Galicia |
| 10:30 CESGA: HPCN de Galicia. |
Javier García Tobío. Director CESGA. Descrición da situación actual de medios e servicios dispoñibles para a comunidade científica de Galicia e do C.S.I.C. |
| 11:00 El HPCN en SUN |
Ruud van der Pas. SUN Microsystems Netherlands. Visión estratéxica da evolución das solucións de cálculo intensivo. |
| 11:30 Storage Area Network, SAN. |
Ricardo Maté. Director Xeral, Storage Tek España. Innovacións nos sistemas de almacenamento de información. |
| 12:00 Café. |
|
| 12:30 Métodos de Cálculo |
Dr. Ishii. Fujitsu, Tokio. Métodos de Cálculo: Escalar, escalar-paralelo,vectorial, vectorial-paralelo. |
| 13:00 NGI. Next Generation Internet |
Rafael Andreo, Marketing de Comunicacións, Fujitsu España. O Futuro Inmediato de Internet. |
| 14:00 Fin sesión da mañá. |
|
| 16:00 Experiencia en HPCN en Cataluña |
Miquel Huguet, Director, CESCA. Centro de Supercomputació de Catalunya |
| 16:30 Experiencia en HPCN en Andalucía |
Ana Botija, Directora, CICA. Centro de Informática Científica de Andalucía. |
| 17:00 Experiencia en HPCN en Londres |
John Darlington. Imperial College. Parallel Computing Center. Imperial College. |
| 17:30 Fin do Workshop |
|