Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Cursos
Destacados

Conectados
2258 visitantes
Total dende 21-12-05: 72719856 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

ANSYS Multiphysics   Imprimir 

Datas: 28.06.1999 ó 02.07.1999
Horario: de 10:00 a 20:00h
Nº horas: 40
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Contacto: cursos

Paquete de cálculo de estructuras, fluídos, térmico e magnetismo, mediante elementos finitos. Impartido por INGECIBER, distribuidores de ANSYS en España.

ANSYS é un paquete de elementos finitos orientado inicialmente ó cálculo de estructuras sólidas e análise térmica, e que nos últimos anos extendeu o seu campo de aplicación dos elementos finitos á mecánica de fluídos e magnetismo, co paquete ANSYS Multiphysics.

Este curso introductorio de ANSYS abordará a mecánica de traballo con ANSYS, con multitude de exemplos de cálculo estructural, tamén introducirá ó alumno na aplicación de ANSYS Multiphysics á análise térmica, mecánica de fluídos, e combinacións dos tres campos.

Contidos:

1. Interface gráfico (GUI).
2. Metodoloxía.
3. Cálculo estructural.

3.1. Modelos 2D/3D.
3.2. Análise estático.
3.3. Cargas.
3.4. Importación de modelos.
3.5. Postprocesado.
3.6.. Análise modal: Introducción.

4. Outros campos.

4.1. Análise térmica.
4.2. Mecánica de fluídos.
4.3. Acoplamento de campos.

Poderán acceder ós cursos tódolos usuarios rexistrados do CESGA, así como aqueles que sen o ter solicitado teñan dereito a acceder ós seus servicios de cálculo.

O prazo de inscrición remata o 18 de xuño de 1999.

Prezo: 5.000 Ptas.

Forma de Pagamento: Ingreso a nome de S.A. Xestión Centro de Supercomputación de Galicia na conta:

0008-0950-78-1100152937 Banco Atlántico c/General Pardiñas, 20
15701 Santiago de Compostela

Para inscribirse nos cursos, deben remitir vía fax 981 59 46 16, copia do justificante de ingreso e a seguinte información:

Nome,
Número de DNI
Login de usuario do CESGA (se o tiveran)
Centro de Investigación
Departamento
Grupo de investigación
Nome do Director do Grupo de investigación
Dirección
Teléfono
Fax
e-mail
Nome do curso

Dado que o numero de prazas dispoñibles é limitado, a asignación realizárase por rigurosa orde de inscrición, constituíndose unha lista de reserva para o caso de que existan máis inscricións que prazas. No caso de que un usuario inscrito non asista á primeira sesión do Curso, a súa praza será asignada automaticamente ós usuarios en reserva.

Volver

 

Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Acceso usuarios
Nome Usuario

Contrasinal

Lembrar
Lembrar o contrasinal
Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA