Dada a grande demanda hoxe existente polos profesionais de diferentes disciplinas de analizar e tratar a información xeográfica cos seus respectivos datos, aparecen novas tecnoloxías informáticas que facilitan esta análise: os Sistemas de Información Xeográfica, entre eles o ArcView da casa ESRI é dos máis empregados e versátiles.
Obxectivo:
O obxectivo deste curso é dar formación práctica no uso do GIS ArcView de tal xeito que, superado o curso, os asistentes estarán en condicións de operar con esta ferramenta de análise de forma autónoma. Cara á consecución deste obxectivo os asistentes farán uso do aula informática do CESGA, na que se dispón de 1 PC por alumno, pizarra electrónica e comunicacións.
Programa:
Introducción a ArcView 3.0
Conceptos de ArcView: Proxecto, Vistas, Taboas, Gráficos, Mapas, Scripts.
Interface de ArcView: Menús, Ferramentas.
Práctica con exemplos: Temas, Lendas, Taboas, Composición mapas, saida impresa, edición e clasificación da información, Proxeccións, formatos soportados e taboas dbf.
Pre-Inscrición.
Ao realiza-la súa reserva de praza indique a seguinte información:
Nome,
Número de DNI
Organización, Institución ou Empresa
Dirección
Teléfono
Fax
e-mail
Nome do curso
Dado que o número de prazas dispoñibles é limitado, a asignación destas realizárase por rigurosa orde de reserva, constituíndose unha lista de reserva para o caso de que existan máis inscricións que prazas. No caso de que un usuario inscrito non asista á primeira sesión do Curso, a súa praza será asignada automaticamente ós usuarios en reserva. |