Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Cursos
Destacados

Conectados
345 visitantes
Total dende 21-12-05: 66650534 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Curso Master de formación de especialistas en programación JAVA   Imprimir 

Datas: 04.09.2000 ó 29.09.2000
Horario: de 09:00 a 21:00h
Organiza: CIS-Ferrol, o CESGA e SUN Microsystems
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Contacto: cursos

Ante a urxente demanda por parte das empresas de especialistas en programación JAVA para Galicia, o CIS-Ferrol, o CESGA e SUN Microsystems organizan un plan de formación en programación JAVA. O obxectivo prioritario deste plan é formar profesionais galegos para satisfacer esta demanda, de xeito que estes postos de traballo en novas tecnoloxías sexan cubertos con capital humano autóctono.

Contrato laboral garantido

Os asistentes que rematen os cursos satisfactoriamente poderán acceder de modo inmediato a un contrato laboral en prácticas cunha duración de seis meses en empresas implantadas en Galicia ou de próxima implantación. Os contratos formalizaranse ó longo do mes de outubro. A remuneración total bruta para o período de contrato será de 1.000.000 Ptas. Ó remate dos cursos realizaranse unhas probas para determina-lo grao de coñecemento adquirido polos alumnos. Os alumnos que superen as devanditas probas terán opción a contrato temporal en prácticas de 6 meses nas seguintes empresas líderes no sector en Galicia: Altia, Cesatel, Coremain, Intelsis, Pragmalia (Grupo ABS), Softgal.

As empresas subvencionan parcialmente o custo para os alumnos

A matricula dos cursos ten un custo total de 450.000 Ptas.

As empresas subvencionan un 50% de cada matricula.

Polo tanto, os solicitantes de praza seleccionados deberán abonar 225.000 Ptas. antes do comezo dos cursos. Os solicitantes seleccionados comunicaraselles a forma de pago no momento en que se lles notifique a súa selección.

  • SANTIAGO DE COMPOSTELA

    Datas: Do lúns, 4 ó venres 29 de Setembro de 2000
    Lugar: CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA (CESGA)
    Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur)
    15706 Santiago de Compostela.
    Tlfno: 981 56 98 10


  • FERROL

    Datas: Do lúns, 4 ó venres 29 de Setembro de 2000
    Lugar: CENTRO DE INNOVACIÓN E SERVICIOS–DESEÑO E TECNOLOXÍA
    (CIS-Ferrol)
    Península de A Cabana, s/n
    15590 Ferrol
    Tlfno: 981 10 21 00

Horario

Horario a definir entre:
de lúns a venres en horario de mañá (9:00 - 14:00)
ou de lúns a venres en horario de tarde (16:00 - 21:00)

Inscrición

As solicitudes de praza pódense cursar cumprimentando este formulario electrónico.
Non se aceptará ningunha inscrición remitida a través de calquera outro medio.
Antes de presenta-la súa solicitude de inscrición LEA CON ATENCIÓN AS CONDICIÓNS E REQUERIMENTOS detallados a continuación.

Número de prazas

O número de prazas é de 26 en total (13 en Ferrol e 13 en Santiago).

Tan só serán admitidas a tramite as solicitudes de praza dos solicitantes que cumpran os requerimentos detallados a continuación.

As prazas serán adxudicadas en base a un proceso de selección no que se valorarán as aptitudes, coñecementos, nivel de estudios e experiencia dos solicitantes.

Os solicitantes ós que se lles adxudique praza serán notificados tanto por vía telefónica como por correo electrónico alomenos 10 días antes do comezo dos cursos.

Requerimentos

Para poder solicitar praza nos Cursos Master de Formación de Especialistas en Programación JAVA os solicitantes deben cumpri-las seguintes condicións:

Ter coñecementos teóricos e prácticos demostrables nalgunha linguaxe de programación de alto nivel ( Java, Pascal, Cobol, Basic, Fortran, C, C++, etc.).
Ter coñecementos de Inglés Técnico.

Compromiso adquirido polos solicitantes-alumnos

A presentación de solicitude e a aceptación de adxudicación de praza supón o compromiso do alumno de asistir a tódolos cursos e de formalizar un contrato laboral en practicas de 6 meses de duración con calquera das empresas que subvencionan as matriculas dos cursos.

Contidos

O MASTER de FORMACIÓN de ESPECIALISTAS en PROGRAMACIÓN JAVA ten unha duración total de 95 horas divididas en cinco módulos que se impartirán ó longo de catro semanas.

  • Módulo 1

00226 Análise e Deseño Orientado a Obxectos con OMT / UML

Duración: 4 días / 20 horas

Obxectivo:

O curso de análise e deseño orientado a obxectos ensina ós desenvolvedores de sistemas a forma de aplica-la metodoloxía OMT ("Object Modeling Technique") para modelar sistemas baseados en obxectos mediante a linguaxe de descrición UML ("Unified Modeling Language"). O aplicar esta metodoloxía obteñense diferentes modelos que permiten xerar automáticamente a documentación e o esqueleto dunha aplicación.

  • Módulo 2

SL275 Programación Java

Duración: 5 días / 25 horas

Obxectivo:

Este curso introduce os conceptos de programación necesarios para explota-la tecnoloxía Java. A orientación do curso é altamente práctica xa que combina sesións teóricas con prácticas de laboratorio que permiten afianza-los conceptos presentados.

Os programadores que estén familiarizados con algunha linguaxe estructurada aprenderán os conceptos básicos da orientación a obxectos, así como a desenvolver Applets e aplicacións en Java. O curso ensina a sintaxe da linguaxe Java, o xeito de crear interfaces gráficas de usuario, a utilización do modelo de eventos 1.1 de Java, excepcións, mecanismos de entrada/saída, programación concorrente con threads e desenvolvemento de aplicacións básicas tipo cliente-servidor.

  • Módulo 3

EC-200 Introducción ás Tecnoloxías de Publicación en Web: HTML, XML, JavaScript

Duración: 5 días / 25 horas

Obxectivos: Este curso introduce ó alumno nos conceptos de desenvolvemento de contidos web a través de tecnoloxías como HTML, Javascript e XML. De este xeito o alumno aprenderá non só a deseñar páxinas web, senón tamén a dotalas de comportamentos e contidos dinámicos.

  • Módulo 4

SL310 Programación de Java Servlets e JSPs

Duración: 2 días / 10 horas

Obxectivos:

Este curso proporciona ós asistentes os coñecementos necesarios para desenvolver solucións orientadas ó contorno servidor utilizando servlets de Java que reemplazan os scripts de CGI (Common Gateway Interface). Comenza cunha introducción ó API Servlet de Java e unha explicación da forma de utilizar e integrar a tecnoloxía Java nunha arquitectura de servlet.

  • Módulo 5

SL351 Seminario de Desenvolvemento de Enterprise JavaBeans

Duración: 3 días / 15 horas

Obxectivos:

Este seminario proporciona os coñocementos e as habilidades necesarias para desenvolver aplicacións empresariais baseadas na tecnoloxía dos Enterprise JavaBeans. Os EJBs simplifican o desenvolvemento de aplicacións multicapa baseadas en transaccións distribuidas. O remate deste seminario, o asistente será capaz de crear compoñentes interoperativos que poderán instalarse en calquera servidor de aplicacións que de soporte á especificación dos EJBs.

Volver

 

Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Acceso usuarios
Nome Usuario

Contrasinal

Lembrar
Lembrar o contrasinal
Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA