Coordinador: Asier Rodríguez Larrinaga
Este curso está dirixido a persoas relacionadas con proxectos de Ecoloxía e interesados no GIS como ferramenta e as súas aplicacións en investigación e conservación da natureza. Está homologado para convalidar con 2 créditos de libre configuración para os alumnos da facultade de Bioloxía da USC.
Suministraránse apuntes con textos da teoría e dos exercicios, e diploma de asistencia.
Tratarase en todo momento de adaptar os exemplos e os exercicios aos requerimentos dos asistentes ao curso para lograr así un mellor aproveitamento do mesmo.
Número máximo de alumnos: 18
Docencia: Stefanie Weycam, Bióloga (Universidade de Göttingen, Alemania) Técnico Superior Dpto. de Teledetección e S.G.I. de AURENSA (Auxiliar de Recursos y Energía, S.A.) Madrid.
Prazo de inscrición: Do 13 ó 30 de Marzo ambos incluídos.
Cuota de incrición: Colexiados COB e estudiantes 1º e 2º ciclo de Bioloxía, 50.000 ptas.
Non colexiados e outras titulacións, 60.000 ptas.
Información e Inscricións: Contacte directamente co Colexio Oficial de Biólogos e solicite boletín de inscrición no teléfono 981- 53 14 40 / cob.ga@teleline.es, xestec@yahoo.com.
http://www.infonegocio.com/xestec
Programa:
1. Principios da cartografía dixital:
- Características do formato vectorial e do formato raster, almacenamento dos datos e a referencia eapacial. Vantaxes e limitacións de cada formato.
- Definición e requirimentos dun Sistema de Información Xeográfica.
- Visualización dos distintos tipos de masas dixitais.
2. Operacións analíticas:
- Interrogacións locais e interrogacións por atributos.
- Reclasificación para aislar determinadas características.
- Extracción de datos a unha taboa para análise estadístico.
- Operacións matemáticas con coberturas do tipo raster.
- Avaliación de múltiples criterios.
- Modelo Dixital do Terreo, análise de superficie: Mapas de pendente e orientación, cunca vertente.
- Operadores de distancias zonas de amortización (buffer).
- A topoloxía da cobertura vectorial e a súa base de datos relacional.
- Selección de obxectos vectoriais segundo os seus atributos con SQL.
3. Modelar con cartografía dixital (raster):
- Xeración de (novas) coberturas, interpolación de datos.
- Desprazamento con friccións e barreiras.
- Operadores de custo, busca do "camiño óptimo", corredores.
4. As distintas orixes e a adquisición de cartografía dixital: Satélite, GPS, Sistema Agros, escaner, tableta dixitalizadora, rato, teclado, Internet....IGN.
5. Principios da teledetección:
- Características da reflectancia dos obxectos na terra (e mar).
- Características dos sensores ópticos e de radar ( fotos aéreas, satélites: Landsat MSS; SPOT; IRS; NOOA, Ikonos, Radarsat...)
- Interpretación visual de imaxes de satélites ópticos e radar.
- Clasificaión da imaxe do satélite (automática e supervisada).
- Indices de vexetación (NDVI...) e índice de verdor (Greenness index).
- Mapas de temperaturas, mapas de riscos.
- Adquisición e dispoñibilidade dos productos (e derivados) da teledetección
- Detección de cambios temporais.
6. Xeoreferenciación de imaxes de satélite:
- Dixitalización en pantalla e (só teórico) en tableta.
- Procesamento de realce, composicións de falsa cor, melloras de contraste, filtros.
|