Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Cursos
Destacados

Conectados
325 visitantes
Total desde 21-12-05: 66661241 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Conferencias RedeGRID   Imprimir 

Data: 07.05.2003
Horario: de 12:00 a 14:00h
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Contacto: cursos

Título:"Tendencias de Computación en Red y Tecnología Grid"
Relator: Ignacio Martín Llorente

Tendencias de Computación en Rede e Tecnoloxía Grid

O obxectivo da presentación é proporcionar unha visión global da tendencia actual das diferentes tecnoloxías que permiten realizar cálculos masivos aproveitando a potencia computacional de sistemas interconectados. Os diferentes modelos de computación en rede (Net Computing) achegan mecanismos para aproveitar ó máximo os recursos distribuídos que xeralmente se encontran infrautilizados.As alternativas que se presentarán son:

Cluster Computing: Deseño dun cluster de PCs como alternativa á adquisición dun equipo multiprocesador. A súa vantaxe fundamental é a mellor relación custo/rendemento. As súas inconvenientes son dificultade de programación e mantemento.

Intranet Computing: Unión da potencia computacional desaproveitada nos recursos hardware distribuídos nunha rede de área local (a maioría dos PCs e estacións de traballo están frecuentemente ociosos). A súa principal vantaxe é que pode proporcionar rendementos semellantes ós ofrecidos polos sistemas de alto rendemento cun custo económico case nulo.

Internet Computing: Aproveitamento da potencia dos recursos distribuídos por Internet seguindo o modelo cliente/servidor. Actualmente case todas estas ferramentas se limitan a execución paramétrica. A súa vantaxe é o gran rendemento que se pode obter. Os seus inconvenientes son debidos ó baixo ancho de banda e á escasa seguridade en Internet.

Computing Portal: Desenvolvemento dun portal que proporcione un único punto de acceso seguro baseado en navegador web para invocar servizos como a execución de aplicacións en plataformas de alto rendemento. A súa principal vantaxe é a transparencia e facilidade no acceso a plataformas de alto rendemento.
Durante o relatorio exporanse as características máis importantes destes paradigmas de computación, exemplos de uso, vantaxes e inconvenientes así como direccións web onde os asistentes poderán acceder a ferramentas, nalgúns casos de dominio público, que permiten implementar este tipo de solucións para resolver a demanda de computación dos problemas non lineais. Estas tecnoloxías son casos especiais dunha novo paradigma de computación distribuída que en pouco tempo estamos seguros que vai revolucionar non só a computación de altas prestacións senón Internet en xeral. Esta nova tendencia denominada Grid Computing supón un cambio radical na colaboración de sistemas conectados a Internet e en particular na computación de altas prestacións debido ó seu enorme potencial respecto ó intercambio e xestión de recursos. O obxectivo da tecnoloxía Grid é servir de base ou middleware ó desenvolvemento dos sistemas e as aplicacións que constituirán o uso de Internet en poucos anos. Os novos servizos permitirán utilizar recursos distribuídos na rede (procesadores, disco, rede, dispositivos, visualización...) de forma transparente e sempre mantendo un alto nivel de seguridade e unha correcta política de xestión que teña en conta parámetros tanto técnicos como económicos.

Biografía:

Ignacio Martín Llorente é Licenciado en Ciencias Físicas na especialidade de Cálculo Automático e Doutor no programa de Ciencias da Computación na Universidade Complutense de Madrid (UCN). É Profesor Titular de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores no Departamento de Arquitectura de Computadores e Automática da UCM e Investigador Senior no Centro de Astrobiología do CSIC-INTA, asociado ó NASA Astrobiology Institute. Colabora desde 1997 como Consultor en Computación de Alto Rendemento e Matemática Aplicada en ICASE en NASA Langley Research Center. As súas áreas de investigación son Computación de Alto Rendemento e Tecnoloxía Grid. É coautor de 3 libros e máis de 50 artigos en revistas e congresos internacionais. estivo involucrado en 19 proxectos de investigación nacionais e internacionais.

Volver

 

Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Registro
Nombre usuario

Contraseña

Recordarme
Recordar contraseña
Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA