Descripción: A eficacia da Radioterapia, un tratamento localizado que ataca ao tumor ou tecido afectado, depende das definicións dos volumes a radiar e as doses a administrar, cálculos moi precisos e específicos en cada paciente. A planificación destes tratamentos consume moito tempo, polo que son imprescindibles os modelos aplicados aos diferentes métodos de administrar a radioterapia en función dos datos cos que se valora e/ou mide a área a radiar.
Para iso Radiofísicos e Matemáticos traballan xuntos en tratamentos radioterápicos máis eficaces e menos agresivos, e hoxe puxeron en común os diferentes modelos en Santiago de Compostela no Workshop "Radiotherapy & Mathematics", organizado polo Nodo CESGA do Proxecto Enxeño Mathematica que se celebrou hoxe no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas. Expertos internacionais, como a radiofísica Iuliana Dasu, da Stockholm University ou o matemático Martin Frank da RWTH Aachen University, Alemaña, presentaron diversos modelos utilizados para coñecer a evolución do tumor en tratamentos radioterápicos, técnicas numéricas utilizadas para resolver estes modelos, os retos neste campo e a transferencia dos resultados.
|