Descripción: O próximo 17 de Maio celébrase o Día de Internet, coincidindo co Día Mundial da Sociedade da Información. Os seus obxectivos son difundir e promover o uso de Internet en toda a sociedade e conseguir que sexa cada vez máis accesible para as persoas con discapacidade. A primeira conexión a Internet en Galicia realizouna o Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, na primavera de 1993. Conectouse á comunidade científica galega con RedIRIS, a Rede Española para Interconexión dos Recursos Informáticos das Universidades e Centros de Investigación, cunha capacidade máxima de 64Kbps. Dezasete anos despois, RECETGA, a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, dá saída a Internet aos seus usuarios a través de RedIRIS, con 5 liñas de 2,5Gbps, o que proporciona unha velocidade de acceso case 200.000 veces maior que no 93.
|